Publicadas novas axudas para a promoción de grupos e organizacións de produtores

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha Orde de axudas destinadas á creación e desenvolvemento de grupos e organizacións de produtores do sector agrogandeiro. Estas convocatorias, que serán cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrario de Desarrollo Rural (Feader), chegarán ás asociacións de produtores cunha contribución anual dun máximo de 100.000 euros durante cinco anos, sempre que se vaian cumprindo os obxectivos marcados pola entidade.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a contar a partir de mañá e poderán solicitar ditas axudas aquelas organizacións recoñecidas oficialmente como tales dende o 1 de xaneiro de 2014.

Pódense consultar todos os requisitos no seguinte enlace á convocatoria.