A xornada, organizada por MSD Animal Health e Vaca Pinta, celebrarase o vindeiro 27 de novembro en Vic (Barcelona) e contará con catro relatorios centrados na produción de leite, a reprodución, a alimentación e a xestión de datos ao longo da vida da vaca.
Conecta Leche ultima os preparativos da súa próxima edición, que terá lugar o venres 27 de novembro en Masía Vilasendra, en Vic (Barcelona). Tras o seu paso por Lugo o pasado mes de xuño, este encontro organizado por MSD Animal Health e Vaca Pinta chegará a Cataluña baixo o lema «Construíndo hoxe as granxas de leite do futuro», cun programa que reunirá catro especialistas para analizar distintas cuestións relacionadas coa eficiencia e o futuro das ganderías leiteiras.
A xornada comezará ás 11:00 horas cun café de benvida e a recollida de acreditacións, antes de dar paso ás intervencións dos relatores.
Juanjo Vizuete abordará a relación entre a produción láctea, os sólidos do leite e a sustentabilidade na súa charla «Máis leite, máis sólidos e menos pegada». Pola súa banda, Ricardo Chebel centrará a súa intervención na planificación reprodutiva e na súa influencia no futuro do rabaño, baixo o título «Optimizar a reprodución: decisións que constrúen o rabaño do futuro».
A alimentación tamén terá o seu espazo da man de Víctor García Barbero, quen analizará o aproveitamento do leite de transición no relatorio «Leite de transición: estamos a sacar todo o partido a este superalimento?».
Completa o programa Carolina Tejero, que afondará na importancia de integrar a información dispoñible para mellorar a toma de decisións durante as diferentes etapas produtivas, coa presentación «Ningunha etapa se improvisa: conectar datos, saúde e decisións ao longo da vida da vaca».
Tras as catro intervencións, celebrarase o peche da xornada e unha comida para os asistentes, que permitirá continuar o intercambio de experiencias entre os profesionais do sector.
COMO ASISTIR A CONECTA LECHE CATALUÑA
Consulta o programa completo