Publicada unha das resolucións da Xunta de Galicia para plans de mellora de xóvenes incorporados ao agro

Publicada unha das resolucións da Xunta de Galicia para plans de mellora de xóvenes incorporados ao agro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha das resolucións da convocatoria de 2025 destinada a financiar os plans de mellora de mozos que se incorporaron ao sector agrario en 2024 e que, nese ano, quedaron sen este apoio económico. Estas subvencións enmárcanse no Plan Estratéxico da PAC (PePAC) 2023-2027 e están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader).

En total, a medida beneficia a 65 persoas, que recibirán unha achega conxunta de arredor de cinco millóns de euros. A contía media sitúase nuns 76.000 euros por explotación, co obxectivo de reforzar a viabilidade dos proxectos e consolidar a súa posta en marcha no rural galego.

Segundo establece a resolución, a actividade agraria e os investimentos cofinanciados deberán manterse durante cinco anos, ou tres no caso do mantemento de investimentos ou de postos de traballo creados por pemes.

A Xunta subliña que estas axudas buscan mellorar a orientación ao mercado e a competitividade a curto e longo prazo, ademais de impulsar a remuda xeracional. Nesta liña, o Goberno galego prevé lanzar neste primeiro trimestre unha nova convocatoria de 53 millóns: 23 para a incorporación de mozos e 30 para plans de mellora asociados.