En Podcast

https://static-1.ivoox.com/audios/c/7/7/9/c779f4b8a48cd64258ccdcb19ed9b310_XXL.jpg

Presentación de Vaca Pinta 61

O verán chega ao seu fin e faino cun novo número de Vaca Pinta cargado de actualidade, innovación e protagonistas do sector gandeiro.

Neste episodio repasamos os contidos do noso número 61: novas estratexias fronte ao estrés por calor, o gran especial sobre o ensilado do millo e as claves para conservar todo o seu potencial desde a colleita ata o comedeiro.

Tamén falamos da nova Estratexia Gandeira da Comisión Europea, do futuro do Campus Terra, da intelixencia artificial aplicada á veterinaria e dos retos da profesión.

Viaxamos ata Granada para coñecer El Regidor e ata Bóveda para descubrir o proxecto de Ganadería Xuíz. Ademais, entrevistamos a Daniel Martínez Bello, novo presidente de Anembe, e coñecemos os detalles do próximo encontro internacional sobre calidade do leite do National Mastitis Council.

E, por suposto, celebramos recoñecementos e premios que poñen en valor o traballo e a innovación dentro e fóra do sector.