Publicadas as bases sobre as indemnizacións por sacrificio obrigatorio de animais en Galicia

Publicadas as bases sobre as indemnizacións por sacrificio obrigatorio de animais en Galicia

A Consellería do Medio Rural publicou este xoves, no Diario Oficial de Galicia (DOG), as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais

Ditas axudas aplícanse en execuión de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades para 2026. O prazo de presentación de solicitudes ábrese este venres, 9 de xaneiro, e estará vixente ata o 30 de novembro de 2026. 

O Departamento autonómico destina máis de 730.000 euros para esta partida, con posibilidade de ampliación. Poderán acceder a ela as persoas físicas e xurídicas públicas ou privadas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de animaiss que se sacrifiquen despois de resultar positivos mas probas diagnósticas de diversas enfermidades. 

Ditas doenzas son: perineumonía contaxiosa bovina, tuberculose, brucelose e leucose no gando vacún, ovino e cabrún. Ademais, estas indemnizacións inclúen animais conviventes dos enfermos e que sexan considerados sospeitosos polos veterinarios actuantes, ou ben que falezan pola enfermidade.

A maiores, entran animais e os seus produtos de calquera especie, sacrificados/morrtos e/ou destruídos por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza de algunha das encefalopatías esponxiformes transmisibles. 

As contías das indemnizacións serán as que estean en vigor en cada momento, según os baremos ou prezos oficiais ou segundo os valores unitarios dos animais recollidos nos diferentes plans de seguros agrarios combinados aprobados polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. 

As ganderías afectadas estarán correctamente rexistradas na Comunidade Autónoma de Galicia e figurarán inscritas e con todos os seus datos actualizados no Rexistro Xeral de explotacións gandeiras (Rega).