Publicada a lista de beneficiarios das axudas para a compensación da subida do prezo dos fertilizantes

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou a listaxe provisional dos 248.763 titulares de explotacións agrícolas que se beneficiarían das axudas para compensar a subida do prezo dos fertilizantes, as cales contan cun orzamento de 300 millóns de euros.

A subvención concédese ás superficies de cultivos permanentes e terras de cultivo (exceptuados barbechos e pastos temporais) que fosen elixibles para o cobro das axudas directas da Política Agraria Común (PAC) na campaña 2022.

Concederanse axudas cando o importe a percibir resulte igual ou superior aos 200 euros, e ata un máximo de 300 hectáreas por beneficiario, nas que se priorizará a superficie en regadío. Está previsto que os beneficiarios que cumpren coas condicións establecidas para acceder a esta axuda e que non presentasen alegacións poidan percibir estas axudas antes de que finalice o mes de abril.