O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por valor de 41 millóns de euros destinadas a plans de mellora nas explotacións agrarias, á creación de empresas por parte de agricultores mozos e ao desenvolvemento de pequenas explotacións. Os interesados nas mesmas teñen de prazo dende mañá e ata o 28 de febreiro para solicitalas.
Toda a información ao respecto desta convocatoria pódese consultar na orde do DOG publicada hoxe.