GALICIA

Medio Rural convoca as novas axudas para o asesoramento das explotacións agrícolas e gandeiras

Medio Rural convoca as novas axudas para o asesoramento das explotacións agrícolas e gandeiras

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a nova convocatoria de axudas posta en marcha pola Consellería do Medio Rural para a prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Poderán ser destinatarios das subvencións as entidades privadas recoñecidas ou autorizadas como entidades prestadoras de servizos de asesoramento inscritas no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia e que presten servizos a titulares de explotacións agrarias que estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a contar dende mañá.

Consulta todos os requisitos nesta ligazón.