A Consellería do Medio Rural ven de anunciar a ampliación do prazo ata o 7 de maio (incluído) para a presentación en Galicia da solicitude única de axudas da Política Agrícola Común (PAC). Este cambio alarga nunha semana o prazo orixinal de presentación.
O obxectivo é facilitar o traballo e as xestións das entidades colaboradoras que están a tramitar estas axudas, de forma que teñan máis marxe para atender as solicitudes de preto de 30.000 agricultores e gandeiros.