A Xunta aproba 2,15 millóns de euros para axudas a 66 asociacións en defensa sanitaria gandeiras

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución das axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural en relación ás axudas para as entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeira (ASDG) de Galicia para o período 2021-2022. Son un total de 66 entidades as que recibiron esta achega, que suma un total de 2,15 millóns de euros.

Estas asociacións encárganse de desenvolver programas de prevención e control de enfermidades dos animais nas explotacións gandeiras. Os orzamentos permitirán a estas entidades abordar o control de determinadas patoloxías animais que non adoitan ser obxecto de programas a nivel nacional. Os gastos das subvencións son aqueles derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios para a realización de programas sanitarios, así como para a compra de material funxible. A execución destes proxectos de planificación zoosanitaria deberá realizarse entre o 1 de marzo do 2021 e o 28 de febreiro de 2022.

DOG completo