Convocadas as axudas para o adianto da PAC en Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe aordeda Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas que permitirán adiantar a agricultores e gandeiros galegos uns 200 millóns de euros das achegas da Política Agraria Común (PAC), subvencionando os xuros cun custo para a Administración de 3,4 millóns.

Medio Rural informou da firma por parte da Xunta dun convenio de colaboración con diversas entidades financeiras (Abanca, BBVA, Santander, Sabadell, Caixa Rural Galega e Caixa Bank) para a formalización dos préstamos preferentes para o anticipo da PAC, o cal permite abrir unha liña de empréstitos de interese a tipo cero a favor dos solicitantes destas achegas correspondentes a 2022. Nestes préstamos regúlase unha comisión inicial de apertura do 2% do seu importe, que subvencionará Medio Rural.

Prevese que as axudas beneficien a unhas 25.000 persoas e diríxense tanto aos agricultores e gandeiros que soliciten a partires de agora o préstamo como aos que xa o teñan asinado con anterioridade.