Convocadas axudas para indemnización por sacrificio obrigatorio de animais en Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe unha nova orde da Consellería do Medio Rural de axudas cun orzamento de preto dun millón de euros para indemnizar o sacrificio obrigatorio ou morte de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades. Poderán beneficiarse destas achegas os titulares con gando vacún, ovino ou caprino que morra ou deba sacrificarse por padecer ou convivir con reses afectadas por enfermidades como a tuberculose, a brucelose, a leucose ou a lingua azul.

O prazo de presentación das solicitudes ábrese mañá e estará vixente ata o 30 de novembro deste ano.

Toda a información sobre esta orde pódese consultar no DOG de hoxe.