Axudas para o emprego de maquinaria agrícola en réxime asociativo

Axudas para o emprego de maquinaria agrícola en réxime asociativo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe a orde pola que se convocan as axudas para o fomento do uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo. Poderán ser beneficiarias destas axudas as cooperativas agrarias, as cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (CUMA), as cooperativas de explotación comunitaria da terra ou as sociedades agrarias de transformación.

As axudas apoian os custos de adquisición de maquinaria agrícola e os estudos técnicos-económicos de viabilidade daquelas entidades asociativas do sector agrario que queiran dar servizo aos seus socios a través deste sistema que permite compartir a maquinaria.

Toda a información sobre esta orde pódese consultar no DOG de hoxe.