Ampliado o prazo para solicitar as axudas da PAC

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe un Orde da Consellería do Medio Rural pola que se amplía o prazo para a presentación en Galicia da solicitude única para as axudas da Política Agrícola Común (PAC) ata o vindeiro sete de maio, incluído ese día.

Esta medida adóptase para facilitar o traballo e as xestións das entidades colaboradoras que están a tramitar estas axudas, de forma que teñan máis marxe para atender as diferentes solicitudes de agricultores e gandeiros.

Galicia súmase así a outras doce comunidades autónomas que solicitaron ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente esta ampliación.

Como sucede en Galicia, Cantabria, Murcia, La Rioja e Navarra finalizarán este prazo o día 7 de maio.

Por outra parte, en Andalucía, Castela e León e a Comunidade Valenciana o último día de prazo será o 11 de maio.

Finalmente, en Aragón, Asturias, Castela-A Mancha, Madrid e Extremadura o prazo rematará o 15 de maio.

Orde da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia

Orde do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente