O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria das axudas para plans de mellora, incorporación de mozos, novos agricultores e pequenas explotacións agrarias correspondentes ao ano 2024. Isto significa que os listados de beneficiarios xa están dispoñibles, permitindo que os interesados consulten se recibirán o apoio económico destinado á modernización do sector agrario.
A convocatoria deste ano conta cun investimento total de 45,9 millóns de euros, beneficiando a 320 mozos menores de 40 anos, 133 novos agricultores de entre 41 e 55 anos e 370 explotacións agrarias. Estas axudas, integradas no Plan Estratéxico da PAC (Pepac) 2023-2027, buscan fomentar a remuda xeracional e a mellora das explotacións.
Unha das novidades destacadas é a incorporación de axudas específicas para novos agricultores de entre 41 e 55 anos, unha liña de apoio inexistente en convocatorias anteriores. Ademais, os fondos destinados a plans de mellora diferéncianse entre investimentos produtivos con impacto ambiental positivo e aqueles orientados á modernización das explotacións.
LISTADO DE BENEFICIARIOS