MATILDE MORO

Segue a aumentar a tensión no mercado

Segue a aumentar a tensión no mercado

O sector de vacún de carne atravesa unha situación nunca vista. Tras dous anos bastante nefastos como consecuencia dun episodio de seca sen precedentes e a expansión da febre hemorráxica epizoótica (EHE), o 2024 parecía comezar con bo pé. Con todo, diferentes circunstancias están a provocar unha tensión no mercado que empeza a ser moi preocupanteMáis en Vaca Pinta 49.

En primeiro lugar, debemos sinalar que, como era de agardar, a enfermidade epizoótica tivo un impacto ao que xa podemos poñerlle cifras. Segundo fontes do ministerio, contariamos este ano cuns 190.000 xatos nacionais menos para engorde. Este volume supón aproximadamente un 8 % do volume de animais que sacrifica España cada ano.

En paralelo, a situación da enfermidade da lingua azul tamén está a provocar unha confusión importante no mercado nacional e europeo, se ben, ata agora, esta doenza tiña en España unha distribución xeográfica moi limitada ao suroeste español. Non obstante, é evidente que nos atopamos ante unha nova fase da enfermidade, cunha ampla expansión do serotipo 3 en Europa, unha distribución complexa en Francia e a restrición de sete zonas diferentes en España pola circulación de catro serotipos distintos.

A complexa situación da enfermidade da lingua azul e os esixentes requisitos que esixe España para a entrada de animais no noso territorio está amplificando a tensión no mercado. É por iso polo que desde Asoprovac lle solicitamos ao ministerio un cambio na estratexia de loita contra a enfermidade, sendo España o único país europeo que conta cun programa de erradicación aprobado de toda a UE.

Actualmente, o sector de engorde está a atravesar graves problemas de abastecemento, tanto por parte do mercado nacional como do europeo, e fiel reflexo diso é a situación da lonxa na que vemos cómo España está a alcanzar récords históricos, moi por eriba da media comunitaria (gráfico 1).

Gráfico 1. Precios correspondentes á semana N.º 48/2024 Machos Cat. A, U+R+O-Países da UE

É importante que sexamos conscientes de que nos enfrontamos a unha etapa de elevada tensión no mercado como consecuencia desta baixada de efectivos, as enfermidades emerxentes ou o acordo Mercosur

Por se esta tensión non fose suficiente, atopámonos esta semana co anuncio da firma dun acordo entre a UE e Mercosur, na que, unha vez máis, o vacún é moeda de cambio fronte a outros sectores. As voces de alarma non se fixeron esperar ante os efectos que este continxente pode ter para o sector europeo, pois a diferenza de estándares xera que esta carne entre procedente deste bloque cun custo entre un 18-32 % inferior ao europeo.

Por tanto, é importante que sexamos conscientes de que nos enfrontamos a unha etapa de elevada tensión no mercado como consecuencia desta baixada de efectivos, as enfermidades emerxentes ou o acordo Mercosur. Agora o desafío é tratar de ver de que maneira o sector é quen de garantir xatos suficientes para abastecer a demanda interna de produción e industria e facelo dun xeito competitivo.