A Space mantén a convocatoria dos premios Innov’Space 2020

Pese ao anuncio da cancelación da súa edición de 2020 por mor da pandemia por covid-19, a organización da feira Space decidiu manter a convocatoria de premios Innov’Space 2020, cuxa cerimonia de entrega é un dos actos centrais do seu salón anual.

“A través a distinción Innov’Space, a nosa feira é un escaparate para a innovación e unha verdadeira vantaxe comercial que pon o foco nas competencias técnicas das empresas que prestan servizos os gandeiros desde hai 25 anos. Conscientes da importancia desta distinción para todos os actores do sector que están en primeira liña para alimentar os países e para as empresas expositoras que seguen innovando para apoialos, comprometémonos a manter a súa edición de 2020”, aseveraron os portavoces da Space.

O 17 de xullo é a data límite para a presentación de propostas. Como sempre, todas as candidaturas serán examinadas por un xurado independente da organización da feira que se encargará de seleccionar os produtos, equipamentos ou servizos que acheguen unha verdadeira innovación e clasificaraos en dúas categorías (1 ou 2 estrelas) en función do seu grao de interese para o usuario.

A lista de galardoados presentarase o 15 de setembro, día no que estaba previsto que a Space 2020 abrise as súas portas.