Consulta xa o catálogo de animais da VI Poxa de Elite de La Marina de Retortillo

Consulta xa o catálogo de animais da VI Poxa de Elite de La Marina de Retortillo

A gandería cántabra La Marina de Retortillo (El Tejo, Valdáliga) celebrará o vindeiro 24 de outubro unha nova edición da súa poxa, na que poñerá á venda 39 xatas, xovencas e vacas adultas procedentes das mellores familias da explotación.

Os interesados poden consultar xa o catálogo completo, no que se recolle información individualizada dos animais, as súas xenealoxías e outros datos de interese para os posibles compradores. A oferta inclúe tres vacas xa paridas, polo menos doce animais inseminados e vinte e dúas xatas.

A xornada comezará ás 15:00 horas coa exposición dos animais ao público, mentres que a poxa dará comezo ás 17:00 horas. Posteriormente, ás 20:00 horas, celebrarase un sorteo e, a continuación, terá lugar o peche do evento cunha grellada e celebración.

A entrada será libre, aínda que desde a organización rogan confirmar a asistencia previamente a través do teléfono 609 008 503.