A fotografía de María Carmen Muñoz Suárez, de Gandería Fernández Sánchez, situada en Teixeiro, Curtis (A Coruña), resultou gañadora da oitava edición do noso concurso fotográfico 'Outra Vaca no Millo', tras conseguir 1.853 "gústame" en Facebook.
A gañadora recibirá un lote de produtos de Vaca Shop e sementes de Syngenta para dúas hectáreas de millo e dúas hectáreas de cebada híbrida. Parabéns!
Nesta edición, as fotografías participantes recibíronse a través de WhatsApp e posteriormente publicáronse nun álbum da nosa páxina de Facebook, onde os seguidores puideron votar polas súas favoritas.
Desde Vaca Pinta agradecemos a todas as persoas que participaron no concurso enviando as súas imaxes e a quen se animou a votar. Moitas grazas a todos e a todas!