O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), en colaboración coa ADSG Becerreá e Montaña Lucense, celebra o martes 20 de outubro unha xornada técnica co título "Mellora xenética, programas sanitarios e de control oficial nas ADSG de gando vacún".
A cita desenvolverase na Casa da Cultura do concello de Becerreá (Lugo), de 16:00 a 20:30 h.
Os obxectivos da sesión son informar as persoas implicadas no sector da produción gandeira de vacún sobre os traballos que se están realizando nas liñas de investigación C7 e C10 da Agacal, así como sobre os resultados obtidos no control de enfermidades obxecto dos programas sanitarios desenvolvidos polas ADSG de gando vacún de Galicia. Ademais, preténdese concienciar sobre o uso responsable de medicamentos veterinarios, especialmente antibióticos.
O programa inclúe as seguintes intervencións:
16:00-16:30 h. Os programas sanitarios das ADSG, por Ignacio Arnaiz Seco (Laboratorio de Sanidade Animal de Mabegondo. Subdirección Xeral de Gandería).
16:30-17:00 h. O R.D. 346/2025 e a súa aplicación, por Santiago Martínez Calvo (Subdirección Xeral de Gandería).
17:00-17:30 h. Proxectos de investigación relacionados coas enfermidades víricas do gando vacún e coa súa mellora xenética, por Carmen Calvo Santalla e Luis Vázquez Sande (CIAM-Agacal).
17:30-18:00 h. Descanso.
18:00-18:30 h. Resistencia aos antibióticos e concepto One Health, por Verónica Gómez Gómez (CIAM-Agacal).
18:30-19:00 h. Presvet: uso responsable dos antibióticos veterinarios, por Antonio Montenegro Criado (Subdirección Xeral de Gandería).
19:00-20:30 h. Mesa redonda e coloquio, por Santiago Martínez Calvo, Antonio Montenegro Criado e Ignacio Arnaiz Seco (Subdirección Xeral de Gandería), Luis Vázquez Sande, Verónica Gómez Gómez e Carmen Calvo Santalla (CIAM-Agacal).