A gandería cántabra La Marina de Retortillo, situada en Santana (El Tejo, Valdáliga), poxará o próximo 24 de outubro un total de 39 xatas, xovencas e vacas adultas, fillas das mellores familias da granxa.
En total, os compradores disporán de tres vacas xa paridas, polo menos doce inseminadas e vinte e dúas xatas.
O evento terá lugar en horario de tarde, a partir das 15:00 horas, coa exposición ao público. Posteriormente, ás 17:00 horas, iniciarase a poxa. Sobre as 20:00 horas levarase a cabo un sorteo e, xusto despois, será o peche da xornada, con churrascada e celebración incluídas.
A entrada é libre, pero rógase confirmar asistencia por teléfono chamando ao 609 008 503.