XORNADA AFRICOR LUGO-VACA PINTA 2021

A relatora: Jessica McArt (Universidade Cornell)

A Dr. Jessica McArt é profesora asociada no departamento de Medicina de Poboación e Ciencias Diagnósticas da Universidade Cornell. Tras completar o seu grao en Veterinaria na Universidade Cornell, traballou como bolseira e residente na Clínica Ambulatoria de Cornell antes de completar o seu doutoramento en epidemioloxía.

No seu traballo actual, Jessica ofrece servizos clínicos para a Clínica Médica Ambulatoria e de Produción, onde ocupa o posto de xefa de sección. Imparte aulas de Veterinaria e realiza investigación aplicada sobre enfermidades periparturentas en vacas de leite.

Na súa charla na Xornada de Africor Lugo-Vaca Pinta o mércores 3 de marzo, McArt falará sobre o futuro da monitorización da saúde na industria láctea.