Africor Lugo, o Concello de Chantada e a cooperativa Aira organizan este sábado 10 de marzo no mercado gandeiro da localidade a primeira poxa de gando frisón deste ano na provincia. Poranse á venda un total de 22 animais entre vacas paridas e xovencas próximas ao parto. Coa colaboración de Xenética Fontao, os compradores recibirán tres doses de Armónico e tres de Clun por cada animal adquirido na poxa.