celebrou unha nova edición das súas xornadas técnicas NDS, que por primeira vez chegaron a Portugal e tamén se desenvolveron en Galicia e Madrid. Con estes encontros, a empresa especializada en alimentación animal alcanza as 18 edicións desta iniciativa formativa dirixida a profesionais do sector dos ruminantes.
As sesións, impartidas por Julio de Matos Vettori, formador de RUM&N, centráronse no manexo de NDS Professional, un software de formulación e avaliación de racións para ruminantes, baseado no modelo dinámico CNCPS e desenvolvido en colaboración co Departamento de Animal Science da Universidade de Cornell.
O programa incluíu tamén relatorios sobre aminoácidos nas racións, a cargo de Sion Richards, de Balchem, e sobre metionina protexida, impartida por Tales Lelis, de Evonik.
Estas xornadas permitiron afondar nas ferramentas de xestión nutricional e favorecer o intercambio de coñecementos entre os profesionais asistentes.