A partir de mañá, 1 de febreiro, e ata o xoves 30 de abril, máis de 693.000 produtores poderán presentar a solicitude única das axudas directas da Política Agrícola Común (PAC). Como en campañas anteriores, a solicitude debe dirixirse á autoridade competente da comunidade autónoma na que radique a explotación ou a maior parte da superficie da mesma e, en caso de non dispoñer de superficie, presentarase na comunidade autónoma na que se atope o maior número de animais.
O importe total destas axudas será de 4.954 millóns de euros, que se poderán abonar en forma de anticipos a partir do 16 de outubro, e o saldo a partir do 1 de decembro.
A listaxe co tipo de axudas que se poden solicitar están dispoñibles nesta ligazón
PROGRAMAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL, RESERVA NACIONAL E CESIÓNS DE DEREITOS
Tamén mañá se abre o prazo de presentación das solicitudes de pago das medidas de desenvolvemento rural incluídas no ámbito do sistema integrado de xestión e control, a comunicación de cesión de dereitos de pago básico e a solicitude de dereitos para a Reserva Nacional de Pago Básico, orientada cara a novos agricultores e cara a aqueles produtores que se incorporan á actividade agraria e que contan cunha formación e capacitación adecuada no ámbito agrario.
No referente á solicitude única, o Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación puxo toda a información necesaria a disposición dos solicitantes mediante o acceso ao SIGPAC a través de www.mapa.es, de www.fega.es ou das comunidades autónomas.
Máis información en www.mapa.gob