Os anticipos de axudas da PAC para 2018 comezaranse a cobrar a próxima semana

Os anticipos de axudas da PAC para 2018 comezaranse a cobrar a próxima semana

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación vén de anunciar que o próximo martes día 16 de outubro se comezará a distribuír adianto das axudas da PAC para esta campaña, logo de efectuar o pago  destas cantidades por medio do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA).

Ditos anticipos permitirán aos agricultores españois recibir entre o 16 de outubro e o 30 de novembro máis de 2.300 millóns de euros provenientes destas axudas dos case 5.000 millóns que está previsto que se abonen en total durante esta campaña.

Cabe sinalar que a decisión do pago destes adiantos corresponde ao goberno de cada autonomía, cuxos organismos pagadores dispoñerán nas súas contas destes anticipos dende o próximo martes para que despois procedan á realización destes pagamentos. De acordo co Mapa, xa son oito as comunidades autónomas que lles solicitaron a través do FEGA ditos fondos para comezar cos pagos de xeito inmediato.

Nesta campaña 2018 realizaron a solicitude de axuda 717.591 agricultores que, logo de recibir este adianto, se verán beneficiados do resto dos fondos a partir do 1 de decembro.