Rey 1000 Master Sorlinda ET logra o título de gran campiona de xatas e xovencas nacional

Esta mañá deu comezo a 42.ª edición do Concurso Nacional da Raza Frisona no recinto feiral Luis Adaro de Xixón (Asturias). Tras valorar as diferentes seccións de xatas e xovencas, o xuíz húngaro Zsolt Kőrösi outorgou a vitoria a Rey 1000 Master Sorlinda ET, de SAT Rey de Miñotelo (Lugo). Entre as novidades deste ano realizouse unha competición de xatas e xovencas roxas na que venceu Rey 995 Warrior  Srosali Red ET, tamén de SAT Rey de Miñotelo.

Sigue en directo as seccións de vacas nesta ligazón