Llinde Ariel Jordan conquista o podio do Nacional por terceira vez

O xuíz internacional Zsolt Kőrösi deulle a palmada da vitoria ao animal Llinde Ariel Jordan, de SAT Ceceño (Cantabria), que levou así o título de vaca gran campiona do Concurso Nacional da Raza Frisona por terceira vez. Así mesmo, houbo unha competición de vacas roxas, na que Badiola Jordy Mega Roja, de Badiola Holstein (Asturias), foi elixida campiona nacional.

 O certame está a ter lugar esta fin de semana no recinto feiral Luis Adaro de Xixón (Asturias) e finalizará mañá co XXI Campionato Nacional de Manexadores.

Volve ver toda a competición nesta ligazón