Despois da publicación da edición en galego a semana pasada, agora xa podedes consultar o terceiro número de Vaca Pinta en castelán na hemeroteca desta web. Entre os contidos do novo número da revista técnica do vacún leiteiro destaca unha serie de artigos que abordan a mamite desde diversas perspectivas; unha reportaxe sobre Álvare Calidade, un grupo de referencia en Galicia na produción protocolizada de leite, e senllas entrevistas a Israel Flamenbaum, experto en mitigación do estrés por calor, e á profesora da Universidade Estatal de Michigan Lorraine Sordillo, acerca dos problemas derivados do estrés metabólico no período de transición. A explotación Casa do Rei, de Pontevedra, protagoniza a sección ‘Na granxa’ e Cà de Volti (Véneto, Italia) a de ‘Internacional’.
EN VÍDEO
A innovación en ingredientes e aditivos para a industria láctea e alimentaria centrou as xornadas técnicas da APLTA en Lugo
Últimos días para anotarse no curso de fitosanitarios de nivel básico que comezará o 16 de novembro en Lugo