A explotación Casa do Rei, de Pontevedra, protagoniza a sección ‘Na granxa’ e Cà de Volti (Véneto, Italia) a de ‘Internacional’.
ACTUALIDADE
Á reportaxe de Álvare Calidade súmanse unha crónica da IV Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e outra da Conferencia do Consello Portugués da Saúde do Ubre, ademais da presentación das novas tecnoloxías do IRTA para o sector bovino de leite.
ESPECIAL: MAMITE
A profesora da UEM Natividad Pérez Villalobos fai unha revisión científica dos efectos do secado baseado en antibioterapia e/ou seladores sobre a saúde do ubre e os seus indicadores en gando vacún. Varios especialistas da Facultade de Veterinaria da USC e de Ceva Saúde Animal desgregan os diferentes custos das mamites con especial énfase nos efectos sobre a produción. Por último José Luis Míguez asina un artigo acerca da motivación dos traballadores.
MANEXO
Ademais da entrevista da cal é protagonista, Israel Flamenbaum desenvolve un artigo sobre a implementación do coñecemento e da experiencia israelís para arrefriar as vacas no muxido. Nesta sección tamén publicamos un estudo de Fernando Soberón centrado nas sete etapas críticas de desenvolvemento da xovenca leiteira, e a eles súmase outro escrito sobre a importancia de xestionar ben o día a día das vacas, autoría de Arancha Varvaró e Aida Xercavins, do IRTA, e Isabel Blanco, da Universidade Sueca de Ciencias Agrarias.
ALIMENTACIÓN E SAÚDE ANIMAL
Ramiro Fernández, de Deheus, firma un texto acerca da alimentación de precisión no robot de muxido.
Na sección de ‘Saúde Animal’, Severino Fernández e Iván Mato, de Laboratorios Hipra, poñen o foco na redución de antibióticos para producir mellor; e Nacho Peón, Eugenia Peralta, José María San Miguel e Alfredo Suárez-Inclán, de Zoetis, falan da prevalencia de ERB na produción de vacún de leite de España.
A PÉ DE PISTA
En Vaca Pinta 3 recollemos os resultados dos concursos morfolóxicos celebrados en Muimenta (Lugo), Pozoblanco (Córdoba), Campos (Mallorca), Braga (Portugal), Galizano (Cantabria) e Saluzzo (Italia), así como unha crónica da poxa de gando frisón que tivo lugar en Sarria (Lugo).
OPINIÓN
Como sinaturas invitadas, neste número contamos coas de Santiago Cabello Muñoz, alcalde de Pozoblanco, e a do xornalista José Antonio García.