Nova edición das xornadas de Kemin sobre nutrición

A empresa Kemin Industries ofrecerá o vindeiro venres 18 de outubro no Hotel Attica 21 de Vilalba (Lugo) a oitava edición das súas xornadas sobre nutrición en vacún leiteiro.

As conferencias darán comezo ás 9.15 horas coa benvida ofrecida por Javier Mateos (business manager de Kemin para ruminantes). A continuación, terán lugar as exposicións de Fabio Lima (Universidade de Illinois), Tanya Gressley (Universidade de Delaware) e Sergio Calsamiglia (Universidade Autónoma de Barcelona). Intervirán tamén os representantes de Kemin José Luís Madeira, Deepak Dubey, Diego Martínez, Javier López e Álex Fortuny.

O obxectivo destas xornadas é achegar novas perspectivas sobre a nutrición de ruminantes co  fin de maximizar beneficios e incrementar a sustentabilidade das explotacións.

Nesta ligazón podes consultar o programa da xornada.