A presentación de Kessent™ de Kemin, en vídeo

O pasado mes de outubro, no seu seminario técnico anual sobre a nutrición do vacún leiteiro, Kemin anunciou o lanzamento o 1 de xaneiro deste ano de dúas novas gamas de produtos na súa carteira de solucións Ruminant Essentialities para unha nutrición e unha saúde animal adecuadas: CholiGEM™ e Kessent™.

Kessent™ é unha liña de produtos de metionina protexida contra o rumen desenvolvida e producida pola compañía, un aminoácido necesario nas dietas de rumiantes que funciona con lisina, tamén un ingrediente de Kemin, para a mellor alimentación de precisión.
Sobre estas liñas podedes ver o vídeo resumo do evento de lanzamento de Kessent™.