A Moexmu 2020 acollerá o 29.º Concurso Autonómico da Raza Frisona

Hai uns minutos anunciouse que o próximo ano, no marco das actividades da 36.ª Mostra Exposición de Muimenta que se celebrará os días 3, 4 e 5 de abril nesta localidade lucense, terá lugar a vixésimo novena edición do Concurso Autonómico da Raza Frisona FEFRIGA 2020.

Dende a organización sinalaron que esta decisión supón un “gran respaldo ao traballo que, ano tras ano, levan facendo as comisións organizadoras da Moexmu e a súa xerencia en colaboración con Africor Lugo” e aproveitaron para agradecer a todas as empresas privadas e administracións públicas que colaboraron ata o de agora con esta feira.