Fefriga recoñece ás mellores vacas e ganderías de 2019

A Federación Frisona Galega (Fefriga) acaba de dar a coñecer as mencións honoríficas que concede cada ano aos mellores criadores e animais de Galicia co fin de promover o sector e renderlles homenaxe polo seu esforzo, dedicación e profesionalidade tomando como base os criterios de produción, ICO e cualificación morfolóxica.

A Gandería Mosquera (Ordes) (reportaxe desta explotación en Vaca Pinta 7) encabeza a lista das mellores explotacións por produción, seguida de Casa Crespo (Lugo) e de Ganadería Rodasinde SC (O Saviñao). San Rián SCG (Brión) (reportaxe desta gandería en Vaca Pinta 12), Landeira SCG (Negreira) e Casa Menor 1614 SL (Boimorto) son as tres mellores explotacións de Galicia por ICO e Baixo Holstein (Sarria), Mantoño Holstein (Barreiros) e Rial de Loureiros (Arzúa) lideran a listaxe de mellores explotacións por cualificación morfolóxica.

Entre os animais máis produtores, Grille Silver Celtiga 932, de Grille SCG, logrou ser a primípara máis produtora; Crespo Super 2032 Tara, de Casa Crespo, foi a vaca con máis produción e García Blitz Rosanne, de Herbón Núñez, conseguiu o premio como mellor produción vitalicia.

Consulta as listaxes completas nesta ligazón da revista Vaca Pinta 18, na que se publican os recoñecementos ao completo.