Cada ano a Federación Frisona Galega (Fefriga) concede as mencións honoríficas ao traballo dos mellores criadores galegos; con elas desexa promocionar e render homenaxe a aqueles que co seu esforzo, dedicación e profesionalidade máis se distinguiron durante o ano.
Na revista Vaca Pinta 18 presentamos as listas destas distincións outorgadas ás explotacións e os animais, tomando como base os criterios de produción, ICO e cualificación morfolóxica, correspondentes a 2019.