Así son os carteis da Moexmu 2020

Así son os carteis da Moexmu 2020

A XXXVI de Mostra Exposición de Muimenta, Moexmu, acaba de presentar os carteis desta nova edición na que ademais de celebrarse o concurso de raza frisona e a poxa de gando, como vén sendo habitual, terá lugar o XXIX Concurso Autonómico da Raza Frisona Fefriga 2020.

O recinto feiral Manuel Vila de Muimenta (Cospeito) acollerá os días 3, 4 e 5 de abril a celebración desta feira e de todas as súas actividades.