O exemplar Galan Gangway 9977, da gandería Galán, de Pastoriza (Lugo), rexistrou o valor máis alto na poxa de gando frisón do concello lucense de Sarria. O seu prezo fixouse en 4.100 euros. Foi adquirido pola gandería Xesteiro, de Zas (A Coruña).
Saíron á pista 15 animais procedentes de dez ganderías lucenses. O volume total de negocio do evento ascendeu a 52.100 euros, cunha cotización media de 3.413 euros. Cabe destacar que cinco dos exemplares poxados foron adquiridos por ganderías de Cantabria.
O Concello de Sarria organizou a poxa no mercado gandeiro do concello, coa colaboración da Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos (Africor Lugo). O evento celebrouse no marco da 36.ª edición da Mostra Agro-gandeira de San Isidro, que continúa durante toda a fin de semana.