Lorena Iglesia Vila, mellor preparadora de Feiradeza 2022

O Concurso de Xóvenes Preparadores de Gando abriu a XXXVII Feiradeza, que este ano acolle un Open Internacional. Lorena Iglesia Vila, da gandería Rey de Miñotelo, proclamouse gañadora da competición, mentres que Xabier Montes Vilar, de Anila (Rodeiro), quedou subcampión e Lorena Rodríguez Alvite, da gandería Melchora (Pol), logrou a mención de honra. O concurso foi xulgado polo asturiano Javier Freije.

O certame continúa durante toda a fin de semana no multiusos Lalín Arena (Lalín, Pontevedra) co concurso de xatas e xovencas, o XXI Concurso de Novos Manexadores e o gran campionato de vacas, que se poden seguir en directo a través da nosa web ou do noso Facebook.