Vendidos todos os animais ofertados na poxa de Mazaricos por 72.400 euros

Acaba de finalizar a XIV Poxa de Xovencas de Raza Frisona Memorial José Moreira de Mazaricos (A Coruña), na que se sumou un volume de vendas de 72.400 euros. Vendéronse todos os animais que saíron á pista do recinto feiral da Picota e a media por exemplar foi de 3.148 euros.

A xovenca Nuveira Conguita Husky, da gandería José Manuel Lapo Pérez, alcanzou o prezo máis alto nesta edición, 5.000 euros, e foi adquirida por Sat Busto Corzon de Mazaricos.

Resultados completos