No marco do programa da II Poxa de Elite de Gando Frisón contouse coa celebración das II Xornadas do Rural Galego, nas que Juan Manuel Fiz, do grupo lácteo Inleit, desenvolveu o relatorio titulado `Que leite demanda o mercado´ e durante as cales foi presentado o libro `As xente do leite´, obra na que o seu autor, José Luís Míguez, quixo render homenaxe a todos os profesionais implicados no sector lácteo.