Rexional de Galicia | Feiradeza 2021

Lorena Rodríguez Alvite elixida mellor preparadora de gando

Acaba de terminar o Concurso de Novos Preparadores de Gando Fefriga 2021, no que se proclamou gañadora Lorena Rodríguez Alvite, de Pol. O premio de subcampión recaeu en Lorena Iglesia Vila, da Pastoriza, e a mención de honra foi para Xabi Montes Vilar, de Rodeiro. Os xuíces encargados de valorar esta competición foron Bonet Cid y Martine Lambot.

O evento abre o XXIX Concurso Rexional da Raza Frisona de Galicia, que continuará durante toda a fin de semana no recinto Lalín Arena, do Concello de Lalín, no marco da celebración da XXXVI Feiradeza.