David Pons, campión do XXI Concurso de Xóvenes Manexadores

O menorquín David Pons foi elixido como mellor manexador no XXI Concurso de Xóvenes Manexadores organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia. O premio de subcampión foi para Lorena Rodríguez e Xabi Montes recibiu a mención de honra.

A xuíza Martine Lambot foi a encargada de avaliar esta proba, celebrada no marco do XXIX Concurso Rexional da Raza Frisona de Galicia e da XXXVI Feiradeza, que está tendo lugar esta fin de semana no Concello de Lalín.