Cundins Hally Santurn ET alcanza o prezo máis alto da poxa celebrada hoxe en Lalín

Acaba de finalizar en Lalín a XII Poxa de Gando Frisón. Cundins Hally Santurn ET de Curnordam SC foi o animal que alcanzou o prezo de venda máis alto: 6.100 euros. Foi adquirida por Ramaderia Can Thos SL de Barcelona.

Na cita, celebrada no marco do XXIX Concurso Rexional da Raza Frisoa de Galicia e da XXXVI Feiradeza, conseguiuse dar saída a todos os animais sacados a pista, un total de 24, e alcanzouse un volume de negocio de 57.800 euros, a un prezo medio de 2.400 euros.