Volve a poxa de gando frisón de Sarria

Africor Lugo organiza unha nova poxa no mercado gandeiro de Sarria o sábado 28 de maio ás 12:00 horas. Poranse á venda vacas frisonas con condicións sanitarias contrastadas 15 días antes do evento polo Laboratorio de Sanidade e Produción animal de Galicia en Lugo.

A entidade organiza esta cita en colaboración coa Consellería do Medio Rural, que achega as probas sanitarias; Xenética Fontao, que regala doses, e a Cooperativa Aira.