Volve o Encontro da Mocidade Gandeira este venres en Santiago de Compostela

Tras varios anos de parón, o Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia pon en marcha o V Encontro da Mocidade Gandeira, que se celebrará este venres día 12 de xaneiro no hotel NH Collection, en Santiago de Compostela.

A benvida terá lugar ás 11:00 horas e, posteriormente, haberá varios relatorios e mesas redondas sobre diversas temáticas: a robotización nas granxas, o futuro das ganderías en canto a sustentabilidade, a importancia da formación etc. A clausura correrá a cargo do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

Para inscribirse, pódese facer a través do seguinte correo electrónico: clubxovenes@fefriga.com