Unha vintena de ganderías de Galicia foron galardoadas nos IX Premios Exceleite

Unha vintena de ganderías de Galicia foron galardoadas nos IX Premios Exceleite

Este xoves celebrouse o acto de entrega da novena edición dos Premios Exceleite á Excelencia Hixiénico-Sanitaria das Explotacións Leiteiras de Leite Cru de Vaca. Os galardóns están promovidos pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Na recepción aos gañadores estiveron presentes o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira do Medio Rural, María José Gómez.

Os Premios Exceleite avalían parámetros rigorosos como a redución de células somáticas no leite cru, un indicador clave da calidade hixiénico-sanitaria e do benestar das explotacións. O obxectivo destes recoñecementos é incentivar a excelencia mediante boas prácticas que beneficien non só aos produtores, senón tamén ao conxunto do sector e ás persoas consumidoras.

Os Premios Exceleite divídense en tres categorías, en función do seu sistema de produción: extensivo, semiextensivo e intensivo, ademais de contar cun recoñecemento específico para as mellores gandarías ecolóxicas. A continuación deixámosvos a listaxe con todos os premiados:

Gandaría extensiva pequena
Ouro: Agriculvarela
Prata: Lácteos Veigaria

Gandaría extensiva mediana
Ouro: Gandaría Sinesio
Prata: Tallón Lobato

Gandaría extensiva grande
Ouro: Casa Menor 1614
Prata: Gandaría Casa Quinto

Gandaría semiextensiva pequena
Ouro: José Manuel Barreiro Vázquez
Prata: Troitiño

Gandaría semiextensiva mediana
Ouro: Pradeda Pozo
Prata: Pablo Soto Campello

Gandaría semiextensiva grande
Ouro: Gandaría A Casa Landeira de Oa
Prata: Ramón Vales Porto

Gandaría intensiva pequena
Ouro: Antonio Torneiro Pestana
Prata: Concepción García Pereira

Gandaría intensiva mediana
Ouro: María del Carmen Barrán Santiso
Prata: Teresa Fernández López

Gandaría intensiva grande
Ouro: Antonio Sear López
Prata: Gandaría Portela Rivas

Gandaría ecolóxica
Ouro: Granxa Ecolóxica Figueroa
Prata: Casa Codesal