Vegadeo acollerá o coloquio Como xestionar unha explotación de maneira integral

Vegadeo acollerá o coloquio Como xestionar unha explotación de maneira integral

A localidade asturiana de Vegadeo celebra do 7 ao 10 de xuño a súa Feira de Muestras e no marco do seu programa acolle o domingo día 10 unha charla-coloquio titulada “Como xestionar unha explotación de maneira integral”.

Moderada polo doctor en Veterinaria e xefe da área de Bioloxía Molecular do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, David Fernández García, contará coas intervencións de Ángel Miranda González, enxeñeiro agrónomo de CLUN; Gonzalo Fernández Rodríguez, profesor da Facultade de Veterinaria de Lugo; Gonzalo Gómez Grobas, técnico en xestión económica de explotacións gandeiras de Seragro, e Juan Carlos Conde García, responsable do programa de mellora xenética de Ascol.