A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes avisa de que o aforamento para asistir á cuarta edición da súa Reunión de Primavera está a piques de pecharse. A asistencia é gratuíta pero é necesaria a inscrición, polo que os interesados teñen hoxe como prazo límite para enviar un correo a sgpf.galicia@gmail.com ou chamar aos teléfonos 686 620 154 ou 619 032 791 e anotarse.
As charlas deste ano terán lugar o venres 27 e sábado 28 deste mes. A primeira xornada levarase a cabo no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e a segunda, no salón de actos do parque eólico experimental de Sotevento.
Nesta ocasión, poñerase o foco na produción de leite e haberá prácticas de campo na Leira Experimental Marco da Curra, onde os asistentes coñecerán en primeira persoa varias investigacións en produción de carne de vacún en zona de montaña.