En liña co compromiso coa formación e adaptándose ás circunstancias extraordinarias da época que vivimos, Boehringer Ingelheim organiza un "Cara a cara fronte ao BVD con Susana Astiz e Juanma Loste", que terá lugar on-line.
A cita, liderada por dous expertos e moderada por Manuel Cerviño, do servizo técnico de rumiantes de Boehringer Ingelheim, será o vindeiro xoves 21 de maio ás 18:00 h. O evento centrarase na perda de xestación entre os 28 e os 90 días. Ademais, trataranse os motivos polos que se detecta unha perda de xestación en animais desde o primeiro diagnóstico positivo, entre os 28 e os 35 días, e a confirmación diagnóstica, entre os 65 e os 90 días.