Só falta un mes para a celebración da Escola Iniciación de Futuros Gandeiros de Fefriga

A Federación Frisona Galega, Fefriga, en colaboración co Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia, levará a cabo a celebración da Escola Iniciación de Futuros Gandeiros, dirixida a mozos de entre 8 e 15 anos.

Os días 30 de agosto, 1 e 2 de setembro, a gandería coruñesa Finca La Asunción (Touro) acollerá os participantes nun curso intensivo de formación coordinado por Bonet Cid. As prazas foron cubertas e a inscrición incluirá o aloxamento e a manutención dos nenos durante os tres días.

O 2 de setembro celebrarase unha xornada de portas abertas para os pais e nais dos asistentes e Fefriga entregará as súas distincións honoríficas. O presidente da Federación Frisona Galega, Manuel Sandamil, destacou a importancia deste tipo de actividades para os máis pequenos e asegurou que teñen previsto realizar máis escolas deste tipo.